top of page

EDICIÓNS ESPECIAIS

SOBREVIVIR NA ERA DA INCERTEZA

Sobrevivir na era da incerteza
- Rosendo Cid -

Sobrevivir na era da incerteza, é un poemario formado por catorce conceptos que “reflexionan” sobre unha realidade sempre en tránsito, cambiante e desfigurada, escrito desde o convencemento de que a poesía é un dos mecanismos máis efectivos que nos permiten “sobrevivir” a pesares de todas as indeterminacións que nos rodean.

Colección 10x15

Nº Páxinas: 34

Tradución: Vicente Vázquez Vidal e Marlene Danner 

Deseño e maquetación: Borja Rey 

Produción gráfica: Sacauntos Coop.

Prezo: 7 euros + gastos de envío

JUAN_BELLO_Reliquias_110x180mm_CUBIERTAS_LAURA_PINŽEIRO.jpg

Reliquias
- Juan Bello Sánchez -

Reliquias é un conxunto de trinta poemas nos que se atopan dende cartas ata poemas que falan do acto de escribir, dende lembranzas ata textos sobre obxectos cotiás, debuxando así un retrato personal do autor entorno á súa familia e da súa memoria.

Juan Bello Sánchez (Santiago de Compostela, 1986) publicou sete libros de poemas, entre os que destacan Nada extraordinario (XVI Premio de Poesía «Emilio Prados»; Pre-Textos, 2016), Motel Memoria (Valparaíso Ediciones, 2017) e Mi tiempo perdido (III Premio de Poesía «Nicanor Parra»; Ediciones de la Isla de Siltolá, 2018).

Portadas de artista: Rosendo Cid, Laura Piñeiro e Lara Pintos

Nº Páxinas: 44

Maquetación: Ignacio Mascuñán

Produción Gráfica: Artes Gráficas Alonso

Prezo: 13,00 euros + gastos de envío

O PREZO DO INVERNO.jpg
POESÍA

O prezo do inverno

- Elías Knörr -

O prezo do inverno é un reto tradutolóxico e unha obra na que se dilúen as fronteiras. Cada poema crea un espazo de ninguén onde as vangardas, o medieval e o metaliterario se mesturan cunha erótica inesperada e a omnipresente morte en clave natural.


O creacionismo do autor preséntase a súa forma máis transformadora. As pequenas metamorfoses de cada texto obedecen aos cambios de estación, mais non só como fenómeno temporal, senón tamén como experiencia social e existencial.
As diferentes voces dos poemas fan eco da relación entre Knörr e Portela, amosando crueldade-compaixón, cinismo-simpatía e retranca inocente e escura a partes iguais. Mentres o ego poético esquece o mundo exterior para se refuxiar no desexo, o activismo do autor remata por confundirse co derrotismo.

 

Estes poemas de Elías Knörr proceden de Greitt í liljum (Partus 2016) e "Tvö ljóð í nellikuleysi" na antoloxía Ljóð í leiðinni: skáld um Reykjavík (Meðgönguljóð 2013) e publícanse en formato bilingüe, traducido por Elías Portela e revisado por Gonzalo Hermo.

Colección 10x15

Nº Páxinas: 38

Tradución: Elías Knörr

Produción Gráfica:  Ático I Creativos

Prezo: 7,00 euros + gastos de envío

ALÉN_DOS_MAPAS_copia.jpg
POESÍA

Alén dos mapas

- Paola G. Sepúlveda -

Alén dos mapas é unha colección de poemas breves que amosan a visión persoal dunha poeta que se detén nos pequenos detalles. Os textos mesturan vivencias persoais e reflexións, sentimentos e observacións sobre o que acontece ao seu redor, sen deixar de lado a crítica á sociedade na que vivimos, ollando máis alá do mapa de cada lugar polo que transitan.

Paola G. Sepúlveda (Málaga, 1985) é licenciada en Filoloxía Hispánica e Doutora en Linguas, Tradución e Ensinanza en Español como Lingua Estranxeira. Publicou o libro

de poemas Vestigios de Postumia (Ed. Evohé), traducido ao italiano por Bonaccorso

Editore. Exerceu como docente en diferentes países do mundo. Na actualidade é

Visiting Scholar na Universidade de Verona.

Colección 10x15

Nº Páxinas: 32

Tradución: Juan Bello Sánchez

Produción Gráfica: Ático I Creativos

Prezo: 7,00 euros + gastos de envío

cubierta_agasallo_copia_Página_4.jpg
POESÍA

Casa

- Juan Bello Sánchez -

Casa é unha colección de poemas breves que xira arredor do espazo familiar e das situacións cotiáns, achegando unha mirada que trata de chamar a nosa atención sobre aquilo que pasa desapercibido.

Juan Bello Sánchez (Santiago de Compostela, 1986) publicou sete libros de poemas, entre os que destacan Nada extraordinario (XVI Premio de Poesía «Emilio Prados»; Pre-Textos, 2016), Motel Memoria (Valparaíso Ediciones, 2017) e Mi tiempo perdido (III Premio de Poesía «Nicanor Parra»; Ediciones de la Isla de Siltolá, 2018).

Colección 10x15

Nº Páxinas: 28

Tradución: Berta Dávila

Produción Gráfica: Campus na Nube

Prezo: 7,00 euros + gastos de envío

BEIZOS DE MAR

Beizos de mar
- Amanda Plaza -

Beizos de mar busca reflexar as pegadas perennes que deixan os axentes naturais no relevo dende a figura do ser humano. A erosión do vento e da auga representados por esa boca que traba nun corpo, e a vexetación que medra en calquera fenda se se expón aos raios de sol. O poemario é tamén unha loita introspectiva, un camiño visceral plagado de imaxes crúas coas que dar voz a uns sentimientos que desbordan a porcentaxe de auga que compón a estrutura humana. Como expón a autora nas súas liñas, "o mar nos ollos, o naufraxio por dentro".

Colección 10x15

Nº Páxinas: 32

Tradución: Amanda Plaza 

Produción gráfica: Sacauntos Cooperativa

Prezo: 7 euros + gastos de envío

Portada 365 maneras de estar en un hotel

365 maneras de estar en un hotel

- Rosendo Cid -

As 365 frases-aforismos-reflexións que compoñen este libro están elaboradas sobre o feito de estar nun cuarto de hotel e sobre cómo pode ocuparse e sentirse alguén dentro dunhos espazos arquetípicos polos que todos pasamos algunha vez. Frases xurdidas de tempos de espera, insomnios e diferentes circunstancias, polo que non son un retrato fidedigno de todo o que pode suceder dentro delas; aínda que todas parten da peculiaridade de habitar efímeramente un espazo que é testemuña do paso de multitude de persoas, tan diferentes unhas doutras.

Hai que sinalar que a presente edición deriva da intervención 365 maneras de estar en una habitación, coa que o seu autor obtivo o premio Xunta de Galicia na 3º edición da feira de arte contemporánea Cuarto Público (2016) —celebrado no hotel NH Collection— en Santiago de Compostela e que durou tres días, durante os cales escribiu diferentes impresións sobre pósits distribuídos polas paredes e recunchos do cuarto onde tivo lugar o devandito proxecto. Esta edición é entón unha revisión e modificación dalgunhas daquelas frases, agregando outras novas para acomodalas a este formato.

Edición Especial: Arte

Nº Páxinas: 32

Autor: Rosendo Cid

Maquetación: Rosendo Cid

Produción Gráfica: Rodi Artes Gráficas

Prezo: 9,90 euros + gastos de envío

cubierta_agasallo_copia_Página_3.jpg
POESÍA

Os afluentes

- Vicente Vázquez Vidal -

Que distingue un río dun afluente? O mesmo que diferencia entre a perda e a entrega. Só o río coñece o seu segredo e este vaise coas súas augas, afunde na rocha nai ata encallar nela. Os Afluentes son once poemas que decorren murmurando un reproche.

Vicente Vázquez Vidal (Melide, 1992), graduado en Linguas e Literaturas Modernas. Os seus poemas viron a luz en varias revistas e o seu último poemario Ani(vers)ario (2015) foi galardoado cun accésit no Certame de Poesía Francisco Añón. Publica no seu

blog ad-radicare.tumblr.com, adicado á tradución ó galego de poemas de diversas linguas.

Colección 10x15

Nº Páxinas: 30

Tradución: Véronique Voyer

Produción Gráfica: Campus na Nube

Prezo: 7,00 euros + gastos de envío

cubierta_agasallo_copia_Página_1.jpg
POESÍA

Este é o agasallo que lle dou ao meu corpo

- Robin Myers -

Este é o agasallo que lle dou ao meu corpo é unha colección que reúne poemas inéditos de Robin Myers traducidos por primeira vez ao galego. O corpo é o fío condutor que articula estes textos: corpos que envellecen, que enferman e se curan, corpos sexuais e políticos atópanse aquí, reflectidos no agasallo da linguaxe.

 

Robin Myers (Nova York, 1987) é poeta e tradutora. Publicou, en edicións bilingües, Amalgama (México, Ediciones Antílope, 2016), Lo demás (Arxentina, Zindo & Gafuri, 2016; España, Kriller71 Ediciones, 2016) e Tener (Arxentina, Audisea, 2017). Tener tamén sairá nunha edición de Kriller71 Ediciones en 2019. Traduciu diversos autores latinoamericanos ao inglés. Vive na Cidade de México. 

Colección 10x15

Nº Páxinas: 32

Tradución: Claudia González Caparrós

Produción Gráfica: Campus na Nube

Prezo: 7,00 euros + gastos de envío

Cuaderno

O meu Camiño, o teu Camiño
- caderno de viaxe-

Tulipa Editora lanza ao mercado o cuaderno de viaxe "O meu Camiño, o teu Camiño". O caderno que está en galego e inglés, pretende que os peregrinos teñan unha ferramenta para escribir os seus pensamentos e impresións, e ao mesmo tempo ter unha pequena guía da ciudade de Santiago de Compostela. Ademais dun caderno para camiñantes tamén pode ser un regalo orixinal e práctico para facer a quenes teñan a intención de realizar o camiño de Santiago, para que así teñan unha guía con recomendacións do sitio que van a visitar. O meu camiño, o teu camiño é unha pequena libreta de pouco peso e un tamaño adaptable que consta de varias seccións. Hai páxinas para organizar o viaxe, lugares de interés para visitar na cidade, recomendacións e mapas tanto da cidade como dos dez camiños que discurren por Galicia.

No caderno tamén podemos atopar unha selección de palabras, expresións galegas e incluso un poema de Rosalía de Castro, para amosar o lector un pouco da cultura galega. Así como tamén unhas pequenas ilustracións que evocan o camiño. Na parte traseira do caderno hai unha páxina destinada a que os viaxeiros poidan ir acumulando os selos que van adquirindo polo camiño.

Edición Especial: Arte

Nº Páxinas: 38

Coordinación, deseño e maquetación: Garbo & Gardner SL

Prezo: 12 euros + gastos de envío

foto_flores_de_otoño.jpg
POESÍA

Flores de Otoño

- Alberto Plana Hechevarría -

Flores de Otoño significa para o autor chegar, xa na súa etapa de madurez, á obra pola que tantos versos debullou sobre o papel co anhelo de deixar á posteridade e aos seus unha mostra palpable do libro que foi a súa vida. Unha recompilación de poemas que percorren unha vida enteira, desde o pranto silencioso da súa mocidade ata o berro que se acrecenta coa morte do seu pai. Paixóns máis ou menos intensas, encontros e desencontros amorosos, valores humanos, traumas familiares,... e un sen fin de temáticas que tocarán a sensibilidade do lector a través destes 28 poemas e ilustracións.

Nº Páxinas: 43

Autor: Alberto Plana Hechevarría

Ilustracións: David A. Planas Padilla

Produción Gráfica: Ático I Creativos

Prezo: 12,95 euros + gastos de envío

cubierta_agasallo_copia_Página_2.jpg
POESÍA

En espera

- Man Li -

En espera é un conxunto de poemas que tenta achegarse á propia existencia a través dunha vía tecida por obxectos cotiáns e recordos da infancia.

Man Li (Lanzhou, China, 1994) ten un título universitario en Tradución e Interpretación da Universidade Sun Yat-sen e actualmente estuda Literatura na Universidade de Santiago de Compostela. Este caderno é a súa primeira publicación individual.

Colección 10x15

Nº Páxinas: 28

Tradución: Alicia López

Produción Gráfica: Campus na Nube

Prezo: 7,00 euros + gastos de envío

CETRO DE ESPIÑAS VIVAS.jpeg
POESÍA

Cetro de espiñas vivas

- María Victoria Caro Bernal -

Cada poema é un motivo de reflexión e un espazo de análise, con vida propia, de estados anímicos, emocións e sentimientos diversos,
relacionados coa espiritualidade do amor, nun senso sublime e
trascendente, unha viaxe iniciática a través da poesía filosófica de
María Victoria Caro Bernal. A solidez da autora ven avalada pola súa traxectoria.

Colección 10x15

Nº Páxinas: 30

Tradución ao farsi: Hamid Hosseini

Tradución ao galego: Xaime Toxo

Produción Gráfica: Ático I Creativos

Prezo: 7,00 euros + gastos de envío

Autobiografía cuantificada o qué difícil es ser maría meijide
- María Meijide -

Trátase dun formulario en castelán de representación en epígrafes, onde o texto funciona como un espello.

O lector é invitado a escribir nos espacios en branco e tamén a participar dun proxecto aberto de escritura colectiva infinita.

María Meijide, é unha artista plástica especializada en pintura figurativa de gran formato, cadernos de viaxes, pezas de texo e cartografías ilustradas.

Edición Especial: Arte

Nº Páxinas: 38

Coeditora: María Meijide

Produción Gráfica: Rodi Artes Gráficas

Prezo: 9,50 euros + gastos de envío

Autobiografía cuantificada ou que difícil é ser maría meijide
- María Meijide -

Trátase dun formulario en galego de representación en epígrafes, onde o texto funciona como un espello.

O lector é invitado a escribir nos espacios en branco e tamén a participar dun proxecto aberto de escritura colectiva infinita.

María Meijide, é unha artista plástica especializada en pintura figurativa de gran formato, cadernos de viaxes, pezas de texo e cartografías ilustradas.

Edición Especial: Arte

Nº Páxinas: 38

Tradución: María Meijide

Coeditora: María Meijide

Produción Gráfica: Rodi Artes Gráficas

Prezo: 9,50 euros + gastos de envío

bottom of page