top of page

O meu camiño, o teu camiño (My way, your way)

Actualizado: 6 jul 2021


Tulipa Editora lanza ao mercado o cuaderno de viaxe "O meu Camiño, o teu Camiño". O caderno que está en galego e inglés, pretende que os peregrinos teñan unha ferramenta para escribir os seus pensamentos e impresións, e ao mesmo tempo ter unha pequena guía da ciudade de Santiago de Compostela.


Ademais dun caderno para camiñantes tamén pode ser un regalo orixinal e práctico para facer a quenes teñan a intención de realizar o camiño de Santiago, para que así teñan unha guía con recomendacións do sitio que van a visitar.


O meu camiño, o teu camiño é unha pequena libreta de pouco peso e un tamaño adaptable que consta de varias seccións. Hai páxinas para organizar o viaxe, lugares de interés para visitar na cidade, recomendacións e mapas tanto da cidade como dos dez camiños que discurren por Galicia.

No caderno tamén podemos atopar unha selección de palabras, expresións galegas e incluso un poema de Rosalía de Castro, para amosar o lector un pouco da cultura galega. Así como tamén unhas pequenas ilustracións que evocan o camiño.


Na parte traseira do caderno hai unha páxina destinada a que os viaxeiros poidan ir acumulando os selos que van adquirindo polo camiño.


O meu camiño, o teu camiño podese adquirir facendo o pedido ao correo tulipaeditorial@gmail.com ou diferentes puntos de venta da comunidade galega. Este proxecto forma parte do programa O teu Xacobeo.


46 visualizaciones

Comments


bottom of page