A nosa primeira vez na Semana do Libro de Compostela non puido ser máis gratificante! Compartimos con vos o máis salientable:
Presentación Alén dos mapas
O sábado 8 de xuño ás 20 h. presentamos o último título da Colección 10x15, cadernos de poesía bilíngüe, Alén dos Mapas de Paola G. Sepúlveda. Esta obra escrita en italiano, conta coa tradución de Juan Bello Sánchez ao galego.
Masterclass de pintura a cargo do artista Antón Sobral
O autor da portada do libro "El vapor de tu aliento" de Nieves Villán estivo no noso stand impartindo unha masterclass de pintura.
Presentación de El lado frío de la cama
O domingo 16, ás 13.30h presentamos o primeiro poemario de Cris Domercq, titulado El lado frío de la cama.
Deixámosvos o video da presentación, na que Juan Bello e Isabel Patiño conversaron coa autora.
Ao finalizar o acto, compartimos un vermú con todas as amizades de Tulipa mentres Cris Domercq aproveitaba para firmar libros. O bó tempo acompañounos para brindar por este gran poemario e a súa autora, o que resultou unha despedida marabillosa para unha semana moi intensa de feira.
Comments